Gustaríame continuar coas campañas que o Estado promove para concienciar á sociedade daqueles accidentes ou malos hábitos que podemos evitar, e que de continuar con eles poden desenvocar nun tráxico final, máis xa se seguirá a falar de todo iso. Vou falar agora dun tema moi importante para a publicidade en xeral no noso país.

Non fai moito lin nun artigo que a publicidade en televisión toca teito en España. É un feito facilmente comprobable, xa que os españois son os terceiros en nº de anuncios vistos na TV no ranking mundial, tan só superados por Estados Unidos e Indonesia.


O promedio de anuncios que ve un adulto español é de 92 spots ao día e o dun estadounidense é de 113 spots diarios. Paréceme unha cifra demasiado elevada en ámbolos dous casos, porque chega un momento en que estás tan farto dos anuncios que estás atento a todo menos ao que realmente están publicitando, e poden ser de calidade, simpáticos, orixinais... que todo isto pasará desapercibido se nós, os telespectadores estamos desexando que remate dunha vez os longos cortes publicitarios. E é que ¿Cantos de vós seríades capaces de enumerar, polo menos, unha cuarta parte dos anuncios que visionastedes no día de ontes? Creo saber a resposta ... NINGUÉN! E iso, se non me equivoco non é ningún éxito para os publicistas, é máis ben como a antítesis do seu propósito.


Todos aqueles que escusedes isto dicindo que é posible que non retuvérades a mensaxe nin o anunciante, simplemente porque non érades parte do target ao que ía dirixido o anuncio, pensade si realmente todos temos tan mala memoria para nin sequera recordar menos da metade do anunciado. Falta de memoria? Falta de atención? A resposta... saturación publicitaria.